Culleredo recibiu esta mañá aos integrantes da iniciativa ‘El Camino de los valores’, unha iniciativa cuxo obxectivo base é a reinserción de persoas en risco de exclusión social.
Vidos desde Gran Canaria, Melilla, La Rioja ou Galicia, están a realizar o Camiño de Santiago, concretamente o Camiño Inglés, e na súa viaxe cara a Santiago fixeron unha parada no Burgo, onde lles recibiron Penélope López, concelleira de Comercio Local, e Marta Figueroa, edil de Seguridade Cidadá, en nome do Concello de Culleredo.
Nesta parada, nas inmediacións da igrexa do Burgo, Carlos Pereira realizoulles unha breve explicación das orixes do Camiño Inglés, aló polo século XII, e da importancia do territorio de Culleredo por aquel entón, que albergou algunha batalla comprendida na Guerra de Independencia.
Os promotores desta iniciativa, os maxistrados José Antonio Vázquez Taín e Reyes Marte, tampouco quixeron perderse a ocasión de acompañar a estes 300 camiñantes, desexándolles un moi feliz Camiño ata a chegada o vindeiro domingo a Compostela.
“É unha iniciativa moi bonita, que axuda a promover valores positivos entre persoas en risco de inclusión social. Ademais, permítelles coñecer lugares preciosos como Culleredo. A contorna da ría é maxestuoso, e esta igrexa é a pegada de que sodes un pobo con moita historia. Estamos encantados de pasar por aquí, do recibimento que nos déchedes e das facilidades que nos proporcionáchedes”, declaraba a maxistrada canaria Marte.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER