O Concello de Culleredo, dentro do programa de Dinamización Comunitaria, organiza unha viaxe a Extremadura entre os días 18 e 22 de novembro.
Ata o 5 de novembro comunicarase o interese das persoas que desexen inscribirse nos Centros de Servizos Sociais do Burgo e Vilaboa, ou nos teléfonos 981 654 570 ou 699 50 64 14 (de 9:00 a 14:00 horas).
A adxudicación de prazos será mediante sorteo público, que se realizará o día 12 de novembro ás 12:00 horas, na Sala Municipal de Actividades Celia e Esperanza Brañas, na Costa da Lonxa.
Os días 13 e 14 de novembro poderedes formalizar a inscrición no Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo, presentando a seguinte documentación: folla de inscrición asinada, copia do DNI, informe de medicación actual, documento acreditativo a condición da bonificación (se procede), e xustificante bancario do pagamento.
As persoas con problemas de mobilidade ou calquera outro déficit de autonomía persoal, deberán levar unha persoa acompañante que se responsabilizará dela durante toda a viaxe.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER