A Policía Local de Culleredo abriu esta semana as súas portas á comunidade escolar do municipio. Trátase do programa de educación cívica que impulsa o Concello de Culleredo, dentro da súa oferta de actividades complementarias, á que se poden acoller os distintos centros.
A iniciativa ten como obxectivo que os máis pequenos coñezan o funcionamento das forzas de seguridade. Os axentes ensínanlles as instalacións, os seus protocolos e o parque móbil.
O alumnado do CEIP Vila de Rutis e do CEIP Sofía Casanova estivo acompañado hoxe pola concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Figueroa, e da de Educación, Jéssica Méndez. En todo o percorrido víuselles emocionados por ver todos os dispositivos e escoitar en que consiste o traballo policial.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER