O Concello de Culleredo conmemora un ano mais o Día internacional contra a violencia de xénero, este 2019 baixo o lema “ A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo: cambiémolo educando en igualdade”
Aínda que o traballo do concello neste eido abrangue os doce meses do ano, durante todo o mes de novembro, baixo o paraugas coordinador da Concellaría de Política social, Mocidade e Promoción do Deporte, diversas áreas do concello, centros de ensino do municipio e distintas entidades sociais do municipio xuntan esforzos nunha CAMPAÑA de accións de SENSIBILIZACIÓN, PREVENCIÓN e REPULSA que quere implicar á comunidade veciñal, empresarial e comercial, ás familias, á infancia e á mocidade, e empoderar ás mulleres cullerdenses fronte a calquera forma de violencia machista, por incipiente que sexa.
Neste marco desenvolverase un programa con diferentes actos En Contra das Violencias machistas:
CULLEREDO EN NEGRO
A fin de convidar á poboación a que manifeste a súa repulsa e o seu rexeitamento en contra da violencia machista o Concello de Culleredo súmase á Campaña En Negro Contra as Violencias e propón que todas as empresas, comercios, asociacións, ou calquera veciño ou veciña de Culleredo se adhira tamén á Campaña En Negro a través deste enlace https://ennegrocontraasviolencias.gal/novas/como-adherirse-a-en-negro-0 no cal de maneira gratuíta poderá descargarse o deseño de materiais cos que poder imprimir ou serigrafiar carteis ou outros materiais e colocalos de maneira visible nas portas, escaaparates, nos portais, nas ventás.. ou en calquera lugar que sirva de sinal de rexeitamento contra a violencia machista.
ACTO INSTITUCIONAL o vindeiro 25 de novembro terá lugar a lectura dun manifesto en rexeitamento contra calquera tipo de manifestación de violencia machista a cargo de representantes da Corporación Municipal no IES Blanco Amor, no que participará o alumnado de 2º da ESO que están a recibir formación sobre este tema a cargo de téncias da Área de Igualdade deste Concello.
OBRADOIROS NOS CENTROS DE ENSINO
Co motivo do día contra a violencia machista, a Concellaría de Política Social, Xuventude e Promoción do Deporte impartirá durante o mes de novembro e decembro Obradoiros na Educación Secundaria dos Centros de Ensino desta localidade, concretamente en 2º da ESO do IES Blanco Amor, do IES Rego de Trabe, Colexio Andaina e FPB do IES A Laboral. Durante tres sesións mediante actividades participativas reflexionarase sobre contidos relacionados coa identificación de condutas machistas presentes na vida cotiá, coas relacións saudables e cos dereitos en igualdade.
PRESENTACIÓN DO LIBRO “O ceo das reixas” DA AUTORA ELI RÍOS ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES AS BERENGUELAS
Para promover a conciencia femnista e a reflexión crítica a través da lectura e a participación colectiva, a Asociación de mulleres As Berenguelas presenTarán o libro “O ceo das reixas” da autora Eli Ríos o vindeiro 25 de novembro ás 19.00h da tarde no centro Amparo Prego Ruibal, de Celas.
VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO POLOS 8 CONCELLOS OD CONSORCIO DAS MARIÑAS
O vindeiro sábado, 23 de novembro terá lugar a Andaina Contra a Violencia de xénero baixo o lema: “Ante a violencia As mariñas din Non” organizada polo Consorcio das Mariñas. Esta andaina trascorrerá durante 8 km polo concello de Oleiros , coa saída ás 10,30h dende Centro Cultural A Fábrica e rgreso sobre as 12,30h hora na que se celebrará un acto final no interior do devandito Centro cultural.
OBRA DE TEATRO A CARGO DA COMPAÑÍA DE TEATRO EL RUISEÑOR.
Seguindo cos actos en conmemoración do 25 de novembro, o vindeiro domingo 24 de novembro ás 19,00h da tarde, no Conservatorio Municipal de Música, representarase a obra Gaiola, dirixida por Susana Crespo a cargo da Compañía culleredense de Teatro El Ruiseñor.
CONTACONTOS DA DRAGONA RAMONA NA BILIOTECA CARDESO LIÑARES DE VILABOA
As Bibliotecas municipais súmanse aos actos conmemorativos do 25 N apostando pola educación da cultura en igualdade, e para iso con este motivo propoñen detnro do seu programa dos Contacontos da Dragona Ramona, a lectura do conto Daniela Pirata, o vindeiro venres 29 de novembro, na Biblioteca X. Cardeso Liñares de Vilaboa ás 18.00h da tarde, para as nenas e os nenos a partires de 3 anos.
O DEPORTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Nas xornadas deportivas que teñan lugar na fin de semana previa ao 25 de novembro, ao inico das competicións, farase unha lectura dun manifesto en Contra da violencia machista.
MASTER CLASS DE DEFENSA PERSOAL ORGANIZADO POLA ONG INTERCULTURAL MESTURA
A ONG Mestura propon entre as súas actividades vencelladas ao día Contra a Violencia de Xénero, impartir un Master Class de Defensa Persoal de maneira gratuíta par todas as mulleres de Culleredo de calquera idade. Terá lugar no Pavillón Sofía Casanova o vindeiro sábado 30 de novembro de 11.30h a 13,30 da mañá ou no Centro Cultural de Rutis, ( Pendente de determinar.)
EN CLAVE SOCIAL : CONTRAS A VIOLENCIA MACHISTA EN RADIO CULLEREDO
No programa “En clave Social” no que a Concellaría de Política Social, Xuventude e Promoción do Deporte colabora cada xoves, contarase coa intervención dos disitintos axentes sociais que participan en actos de conmemoraición na loita contra a violencia machista. Entre outras, intervirán A Asociación de Mulleres As Berenguelas, a Asociación Mestura, a directora do CIM de Culleredo e outras técnicas responsables de programas de igualdade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER