Inscrición no coro de adultos

Os prazos para realizar a preinscripción e matrícula no programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Cultura serán os seguintes:

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do venres 13 de decembro do 2019 ao xoves 2 de xaneiro de 2020.

Realizarase mediante impreso específico para o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo que se presentará no Rexistro Municipal e que se facilitará no Edificio Municipal de Servizos Múltiples, na Casa do Concello e nos centros Municipais dependentes do Servizo de Benestar Social.

A publicidade da convocatoria e os seus prazos farase mediante publicación da información nos taboleiros de anuncios do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo, do Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo, da Casa do Concello e dos centros Municipais de Benestar Social. Tamén estará disponible na páxina web municipal do Concello de Culleredo.

Nesta actividade hai un número limitado de prazas que será de 45 que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE PREINSCRIPCIÓN:

Venres 3 de xaneiro do 2020 no Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo e na páxina web do concello.
 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMISIÓN PARA MATRICULARSE :

Venres 10 de xaneiro de 2020 no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo e na páxina web do Concello.


PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRICULA (confirmación e/ou renuncias as plazas adxudicadas)

Do luns 13 de xaneiro ao venres 17 de xaneiro de 2020. A matrícula será gratuíta.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS de PERSOAS MATRICULADAS .
O luns 20 de xaneiro de 2020.
No Conservatorio Municipal de Música de Culleredo na páxina web do concello

En todos os casos na adxudicacion de plazas teran prioridade as persoas empadroadas en Culleredo.

2.-A actividade Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo está dirixida exclusivamente para maiores de 18 anos e se desenvolverá nas instalacións do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo os luns e xoves de 10:30 hs a 12:00 hs
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina