As actividades deportivas en instalacións municipais descubertas previstas para mañá sábado 21 de decembro quedan suspendidas debido ás alertas por temporal determinadas polo 112.
Tamén queda cancelada a visita do Apalpador a Fonteculler, que se ía celebrar nunha carpa no exterior.
Quedará ademais pechado o xardín botánico do Burgo e Vila Melania.
Prégase que se extremen as precaucións e seguir en todo momento as indicacións das forzas de seguridade.