O auditorio do edificio de Servizos Múltiples do Burgo foi testemuña esta mañá dunha nova actividade do programa EducaCulleredo, impulsado polo Concello de Culleredo e a través do cal pretende complementar o ensino con actividades dinámicas e lúdicas, que permitan ás alumnas e alumnos aprender de maneira divertida.
O alumnado do IES Branco Amor puido coñecer a Carlos Lorenzo, autor do documental “Vértice de versos”, que foi mención especial no Festival de Cinema de Lugo; a Emma Pedreira, poeta e protagonista da metraxe do carralés; e a Xoán Curiel, compositor e cantautor.
O alumnado puido charlar e escoitar a experiencia dos tres, que lles explicaron como desenvolven os seus traballos e lles deron pequenos consellos para chegar a ser o que eles quixesen o día de mañá. Falaron da situación actual da poesía e do proceso creativo.
Lorenzo explicou o traballo de produción docoumental. Pedreira ofreceu un pequeno recital poético. E Curiel interpetou temas e relatou como musicar poemas.
Participan alumnos de 3º e 4º de ESO do IES Branco Amor. Estiveron acompañados por Jessica Méndez, concelleira de Educación do Concello de Culleredo. Apuntou que con EducaCulleredo preténdese abarcar o máximo de ámbitos para ofrecer actividades didácticas diferentes e entretidas aos rapaces.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER