Culleredo está preparándose para a chegada do Entroido. Os días 22, 23, 25 e 29, os centros sociais cullerdenses acollerán festas infantís, que contarán ademais con varios obradoiros de maquillaxe.
Ledoño: 22 de febreiro, de 18:00 a 20:00 horas.
Orro: 22 de febreiro, de 18:00 a 20:00 horas.
Castro Laxe: 23 de febreiro, de 18:00 a 20:00 horas.
Almeiras: 29 de febreiro, de 18:30 a 20:30 horas.
"R.C. O Cruceiro": 25 de febreiro, de 18:00 a 21:00 horas.
Tamén haberá, o 22 de febreiro, unha festa infantil na explanada do Burgo, de 17:00 a 20:00 horas. Música en directo, chocolate con churros.. e disfraces! Non a podedes perder.
Tampouco podía faltar a celebración do Entroido de Veiga, o luns 24 de febreiro. Comezará ás 12:30 horas coa misa e a posterior procesión. Ás 13:15 horas, sesión vermú coa orquestra FANIA. Ás 15:00 horas haberá un xantar, e de 16:30 a 18:30, de novo verbena coa orquestra FANIA.
Ademais, o venres 21 de febreiro ás 17:00 horas, a explanada do Paseo do Burgo acollerá a Festa de Entroido, na que haberá unha mostra aberta de disfraces e unha larpeirada.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER