O Concello de Culleredo contactou con empresas operadoras de telefonía ante os problemas que están a padecer algunhas veciñas e veciños do municipio.
Diversos inmobles da zona rural levan máis dun mes sin servizo nin de telefonía nin de internet. Ao parecer, os problemas comezaron xusto antes de Nadal, cando unha forte borrasca afectou a toda a comarca.
Nalgúns casos, tuveron un periodo de varios días da primeira semana de xaneiro que si funcionaba, pero non en boas condicións. A partir de aí e ata hoxe, están sin liña.
Os particulares puxéronse en contacto coa súa operadora que, sin embargo, non lles ofreceu ningunha información a maiores de que "estaban traballando no arranxo das deficiencias".
Presentáronse queixas en Consumo, pero non se recibiron contestacións.
O Concello de Culleredo xa demandou medidas que solventen esta grave problemática. De feito, segundo comunicaron varios veciños, acábase de amañar en Sésamo. Quedan pendentes, así, outros núcleos do rural, como Peiro ou Boedo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER