Culleredo extremará a vixilancia policial para loitar contra as verteduras incontroladas no medio rural

O Concello de Culleredo loitará contra as verteduras incontroladas de residuos reforzando a vixilancia policial.

En ocasións prodúcense este tipo de prácticas incívicas que depositan no medio rural restos como mobles, enseres ou escombros que supoñen un atentado contra o medio ambiente. Esta fin de semana deuse un novo caso no Monte Xalo, espazo referente do patrimonio natural. Alguén deixou alí, xunto á estrada, un colchón e un somier.

Ciclistas que practicaban por esa zona avisaron do sucedido. Hoxe o Concello tramita a súa retirada.

A realización deste tipo de verteduras incontroladas repítese co tempo en Culleredo e a área metropolitana. En 2018 elimináronse no municipio un total de 21 verteduras mediante o convenio con Tragsa, e en 2019 quitouse un número parecido a través dunha empresa contratada polo Concello.

O Concello pide a colaboración cidadá para transmitir ás forzas de seguridade calquera indicio sobre os responsables destas prácticas para a consecuente sanción, que pode chegar aos 3.000 euros.

O goberno local lembra que os veciños de Culleredo teñen á súa disposición a través do Consorcio As Mariñas dun servizo gratuíto de recollida a domicilio de mobles e enseres, sen necesidade de levar a cabo estes atentados ao medio. Simplemente chamando ao 981 795 524 se  concierta a cita.

Esta recollida componse dos seguintes elementos.

  • Residuos de madeira (mobles, caixas, táboas, etc.)
  • Metais (de ferro e non de ferro) e residuos eléctricos e electrónicos (REE) da liña branca (lavadoras, frigoríficos, etc.)
  • Residuos eléctricos e electrónicos (REE) da liña marrón (televisores, audio, vídeo,  Hl- FI, etc.,) e da liña gris (computadores, impresoras, teclados, periféricos diversos, etc.).
  • Outros (colchóns,  somieres, etc.).

Ademais, tamén poden realizar o mesmo no punto limpo, tamén gratuíto, situado en Sésamo.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina