O club de natación sincronizada de Culleredo Aguamarina logrou a segunda posición no campionato galgo de inverno júnior que se disputou esta fin de semana en Vigo. As deportistas conquistaron a prata despois dunha dura competición, que referenda o bo traballo que se está a realizar co deporte base en Culleredo.
Ademais, non foi a única noticia positiva da fin de semana, xa que a cullerdense Claudia Suárez, do Club de Natación Culleredo, foi convocada coa selección galega alevín de natación para participar no Campionato de España de natación por comunidades autónomas o próximo 28 de febreiro en Oviedo.
Desde o Concello de Culleredo queremos destacar o labor que se está realizando coa canteira, que conforman grandes profesionais nos corpos técnicos de equipos de deportes moi diversos. Ademais, as nenas e nenos esfórzanse día a día por mellorar, o cal se reflicte nos resultados obtidos. Pero o máis importante é que o fan cun sorriso, e non hai mellor premio que ese.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER