O Concello de Culleredo prepara as actividades para o Día Internacional da Muller

O Concello de Culleredo prepara un compendio de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo. 

Aquí vos deixamos as actividades que están programadas:

'Apertas de Cores': ciclo de obradoiros pola igualdade, a diversidade e contra as violencias machistas, na Educación Infantil e Primaria dos centros de ensino de Infantil e Primaria durante os meses de marzo e abril.

'O acoso na rúa': coloquio na Universidade Laboral para o alumnado de FPB o 24 de marzo ás 11:30 horas. 

'Dixitalizadas': obradoiros de habilidades dixtales básicas impartidas pola "Fundación Mujeres" nas aulas de informática "Pintora María Cagiao" de Vilaboa, durante os meses de marzo e abril.

'Volvoreta': obradoiro de 'couching' social para o empoderamento das mulleres a cargo da Asociación Daleth, na aula María Cagiao de Vilaboa, a partir do mes de marzo. 

'Concerto de Massamae': organizado pola Asociación de Mulleres As Berenguelas, no Centro Amparo Prego Ruibal de Celas, o xoves 5 de marzo ás 20:00 horas. 

'Presentación do libro "Be water": da autora Antía Yáñez, no Centro Amparo Prego Ruibal, en Celas, o venres 6 de marzo ás 20:00 horas. 

'Xantar da muller rural': organizada pola Asociación de Mulleres A Xeca e Rosalía de Castro, no Pazo de Vilaboa, o sábado 14 de marzo ás 21:30 horas. 

'Maxia en cor violeta': co alumnado de 1º da ESO do IES Rego de Trabe o vindeiro 18 de marzo ás 12:30 horas. 

'Concerto polo día da muller':  no Colexio Andaina, o 10 de marzo ás 19:00 horas. 

'Torneo de fútbol feminino': 3ª Copa co SP Burgo - Portádego - Olímpico de Rutis no campo de Rutis, o 19 de marzo ás 10:30 horas. 

'A estrela de Rosalía e poemas de Rosalía': a cargo de Marisa Irimia, para a rapazada ata 11 anos, na biblioteca González Garcés o 20 de marzo ás 18:30 horas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina