Culleredo adopta medidas para previr o avance do Coronavirus

O Concello de Culleredo, seguindo as directrices emitidas polas autoridades sanitarias e os acordos adoitados polo Goberno do Estado e a Xunta de Galicia, de cara a previr o avance do coronavirus, toma as seguintes medidas:

- A suspensión de todas as actividades municipais de calquera índole, tanto as extraescolares como as dos diferentes departamentos

- O peche dos centros sociais e cívicos e das bibliotecas desde o luns 16 de marzo, recomendándose que xa non se utilicen a partir de mañá venres

- O peche das salas de maiores desde este sábado 14 de marzo

- As instalacións deportivas municipais xa permanecerán pechadas desde hoxe xoves 12 de marzo

- O Conservatorio Municipal de Música e o Centro Ocupacional "A Escada" permanecerán pechados desde o luns 16 de marzo, recomendándose que xa non se utilicen desde mañá venres, ao igual que os centros de ensino, segundo determinou a Xunta.

- Suspensión da actividade institucional e asistencia a actos desde a alcaldía e equipo de goberno. Valorarase asemade a posibilidad de aprazamento das reunións dos órganos colexiados: xunta de goberno, comisións informativas e pleno

- Recoméndase recorrer a vías telemáticas e teléfonicas para os trámites co Concello, reducindo a asistencia presencial agás situacións imprescindibles. O persoal municipal asesorará por teléfono en todo o necesario para empregar a administración electrónica
Teléfonos de referencia:


Casa do Concello: 981 677 777

Edificio de Usos Múltiples: 981 665 597

Servizos sociais do Burgo: 981 654 570

Servizos sociais de Vilaboa: 981 660 079

Policia Local: 981 677 755

Centro Municipal de Formación Pablo Picasso: 981 66 42 94 

 

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, púxose en contacto cos voceiros dos grupos da corporación para trasladarlles estas medidas. Agradécelles a colaboración amosada neste momento.

O Concello de Culleredo mantén aberto un protocolo de actuación ante esta situación para afrontar con celeridade calquera indicación que se realice desde as autoridades sanitarias.

O goberno local fai un chamamento á cidadanía a seguir en todo momento as recomendacións para contribuir na prevención do espallamento do coronavirus.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina