O Concello de Culleredo propón unha serie de accións culturais durante o tempo que dure o estado de alarma.
Diferentes artistas, autras e editoriais ofrecen, de balde moitas propostas durante estes días. Velaí van algunhas delas:
Cómic: Aira Editorial permite acceso libre, por tempo limitado, aos .pdf de 'Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña', recomendado para todos os públcos. O cómic de Aloyisus e simón Blanco conta a historia de Mariña, unha heroína especial, nun tramo do Camiño de Santiago.
Cinema: o ciclo de filmes que ofrece de balde a plataforma Novo Cinema Galego inclúe cintas tan interesantes como Vikingland, a moi libre versión de Moby Dick de Xurxo Chirro e a primeira longametraxe de Oliver Laxe, a premiada "Todos vós sodes capitáns"
Narración Oral: O Festival Atlántica de narración oral tivo que cancelarse, pero o conto non parou! Podes ver na súa canle de Youtube videos de Olga Abad, Luis Prego, Charo Pita ou Pablo Diaz, entre outros.
Poesía: farta de cancelar o seu recital 'Lorem Ipsum', Leite Edicións reconvertiuno en Corona Ipsum, un evento virtual no que cada día unha poeta recita textos propios ante a cámara,. Xa pasaron pola súa úcanle de Facebook Lucía Cernadas, Afra Torrado ou Carlos Callón.
Música: puidemos ver o 'Abe Rábade' no Burgojazz do 2019 e, agora, podemos velo outra vez nesta marabilla de concerto que deu o pasado 18 de marzo na súa casa. O concerto componse de cinco pezas inéditas que formarán parte do seu próximo e agardado traballo discográfico.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
proposta1.pdf | 767.14 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER