Tes menos de 12 anos?
Gústache xogar, cociñar, debuxar e imaxinar mil historias?
Pois o reto Cullerchef é para ti!
Cada semana subiremos unha proba do reto Cullerchef para que resolvas e nos envíes de volta. Entre todas as participantes sortearemos, a final de mes, un lote de agasallos do obradoiro de cociña saudable Cullerchef, composto por un mandil, unha bolsa, unha culler de bambú e unha ensaladeira.
Envía as túas probas a cullerchef@gmail.com xunto co teu nome e a túa idade. Cantas máis semanas participes, máis posibilidades terás de levar o premio! O primeiro reto consta no "cómic sen rematar".
Descarga, imprime ou copia o cómic que se achega. Como ves, faltan cousas da historia do cociñeiro. Invéntalle ti o prato que cociña e os seus ingredientes. Debuxa as viñetas que faltan e enche os seus cadros de texto. Mira ben que rimen!
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
reto1.pdf | 952.89 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER