Xa chega o segundo reto Cullerchef!
Para participar nel só tes que ter menos de 12 anos e moitas ganas de pasalo ben!
Envíanos o teu reto a
cullerchef@gmail.com xunto co teu nome e a túa idade. E recorda que aínda podes participar no reto da semana pasada e que en cantos máis retos participes, máis posibilidades terás de levar o premio final!
O segundo reto Cullerchef: escolle unha palabra de cada unha das tres columnas que aparecen nas instrucións e debuxa con elas unha personaxe. Engádelle os detalles que a ti se che ocorran e cóntanos, se queres, a súa historia nun texto curto.
Ánimo e sorte!