Vacantes para o curso 2020/2021 no Conservatorio de Culleredo

O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo ofrece 15 prazas nas especialidades vacantes para o curso 2020/2021. Trátase dun posto para clarinete, tres para guitarra, un para percusión, tres para piano, un para trompeta, tres para violín e outro para violoncelo.

O prazo para inscribirse á proba de acceso para o primeiro curso de  Grao Elemental abarcará desde o luns 15 de xuño ata o 26 do mesmo mes, ambos inclusive. A presentación de toda a documentación será,  preferencialmente, a través da dirección de correo electrónico conservatorio@culleredo.es.

Entre a mesma, ha de achegarse o impreso de inscrición asinado por ambos os proxenitores e unha fotocopia do DNI do ou da aspirante. As familias que non dispoñan de medios telemáticos para poder presentar a matrícula, poderán facelo no edificio do Conservatorio solicitando cita previa no teléfono 981 66 77 98 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A realización das probas será entre o día 1 e o 4 de setembro.

 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
vacantes_curso_2020-2021_1o_ge.pdf71.32 KB
instrucions_probas_acceso_1o_grao_elemental_1.pdf176.02 KB
proba_acceso_1o_g.e.pdf227.12 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina