O Concello de Culleredo está a preparar un servizo de atención cidadá 010 para atender as demandas dos veciños e veciñas con horario ampliado. Contémplase tamén a mellora da sede electrónica, dentro dun proxecto que estará listo no primeiro semestre de 2021.
A modo de proba, este teléfono habilitado funcionará 12 horas de maneira ininterrompida, mañá e tarde co fin de dar unha cobertura total os 365 días do ano, de maneira inmediata para cubrir así a gran cantidade de demanda de chamadas en tempo real.e reducir o tempo de espera do cidadán.
Este proxecto é unha pretensión do goberno local e que se acelerou debido ao contexto sanitario da COVID-19. Canalizaranse por tanto, as chamadas de todos os departamentos municipais a través desta vía e executarase con persoal propio e externalizando mediante un prego este servizo contando con algunha empresa.
Esta nova ferramenta tamén será de asesoramento, e ligado a esta función estará a impulsión dunha nova sede electrónica, que permitirá entre outras cousas, acceder ao sistema de cámaras de tráfico que serán instaladas en Culleredo, ou suxerir mediante unha aplicación electrónica e participativa calquera mellora susceptible de ser aplicada no municipio.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER