O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a avenida de Rutis desde o vindeiro luns 10 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.
O corte comprenderá entre o acceso ao parque deportivo e a rotonda que conecta coa avenida de Ribados. En principio, a empresa estima que se prolongará durante 4 o 5 días.
A circulación derivarase polas rúas adxacentes. Permitirase a entrada aos usuarios do centro deportivo.
Os traballos consisten na substitución completa da liña soterrada entre Acea de Ama e Vilaboa, de máis dun quilómetro de lonxitude.