Os prazos para realizar a preinscrición e matrícula no programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Cultura serán os seguintes:
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do venres 4 de setembro de 2020 ao xoves 24 de setembro de 2020.
Realizarase mediante impreso específico para o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo que se presentará no Rexistro Municipal (só con Cita prevía) e que se facilitará no Edificio Municipal de Servizos Múltiples, na Casa do Concello e nos centros Municipais dependentes do Servizo de Benestar Social.
A publicidade da convocatoria e os seus prazos farase mediante publicación da información nos taboleiros de anuncios do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo, do Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo, da Casa do Concello e dos centros Municipais de Benestar Social. Tamén estará disponible na páxina web municipal do Concello de Culleredo.
Nesta actividade hai un número limitado de prazas que será de 45 que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE PREINSCRIPCIÓN:
Venres 25 de setembro do 2020 no Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo e na páxina web do concello.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMISIÓN PARA MATRICULARSE :
Xoves 1 de outubro de 2020 no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo e na páxina web do Concello.
PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRICULA (confirmación e/ou renuncias as plazas adxudicadas)
Do luns 5 de outubro ao venres 9 de outubro de 2020. A matrícula será gratuíta.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS de PERSOAS MATRICULADAS .
O luns 12 de outubro de 2020.
No Conservatorio Municipal de Música de Culleredo e na páxina web do concello
En todos os casos na adxudicacion de plazas teran prioridade as persoas empadroadas en Culleredo.
2.-A actividade Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo está dirixida exclusivamente para maiores de 18 anos e se desenvolverá nas instalacións do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo os luns e xoves de 10:30 hs a 12:00 hs
O número de prazas é horarios poderán sufrir modificacións o igual que o comezo das clases en virtude da evolución dos protocolos establecidos pola COVID-19.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
ficha_matricula.pdf | 308.6 KB | |
ficha_preinscricion.pdf | 274.74 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER