O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a rúa Profesor Tierno Galván desde mañá xoves 27 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.
O corte na parte traseira do centro de saúde. En principio, a empresa estima que se prolongará durante 3 xornadas laborables.
A circulación derivarase polas rúas adxacentes: avenida de Ribados e avenida de Rutis.
Os traballos consisten na substitución completa da liña soterrada entre Acea de Ama e Vilaboa, de máis dun quilómetro de lonxitude.