Debido á evolución da situación epidemiolóxica, o Concello de Culleredo emitiu un bando para lembrar as medidas a seguir por parte da cidadanía como o obrigado uso da máscara e a recomendación dun lavado frecuente de mans e o mantemento da distancia de seguridade.
Ademais, a Xunta de Galicia publicou un novo DOG con medidas para conter a expansión da COVID-19. Polo momento mantéñense as medidas que afectan ao municipio desde o pasado sábado, 8 de agosto:
- Peche dos establecementos de lecer nocturno, e prohibición das festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.
- O desenvolvemento de calquera #actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou privados queda limitada a grupos de, como máximo, 10 persoas. Esta limitación non se aplicará no caso de persoas conviventes.
- Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 50% da súa capacidade para consumo no interior e no exterior.
Ademais, incorpórase para a toda a Comunidade Autónoma a prohibición de fumar ao aire libre sempre que non se poida manter a distancia de seguridade.
Accede ao DOG: https://bit.ly/3fOV9fR