I Carreira Online de Asotrame, do 11 ao 27 de setembro

O próximo 11 de setembro dará comezo a I Carreira Online de Asotrame, un evento que durará ata o 27 de setembro. Conta coa colaboración do Concello de Culleredo, co obxecto de acadar fondos para programas da entidade.
 
A Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares, nace co obxectivo fundamental de mellorar a calidade de vida das persoas trasplantadas de medula ósea, daquelas que se atopan inmersas nun proceso dun cancro hematolóxico, e dos seus familiares.
 
Trátase dun evento sen precedentes, onde se poderán realizar diferentes rutas por varios municipios galegos, entre os que se atopa Culleredo. Co fin de evitar aglomeracións se establecen tres semanas de duración nas que se poderán facer unha ou varias rutas, camiñando ou correndo, de forma individual ou colectiva -inferior a 10 persoas-. Desde Asotrame lembran que as persoas que participen no evento teñen que respectar as normas vixentes pola COVID-19 referentes a cada municipio. 
 
O obxectivo desta Carreira é conseguir fondos para o programa Como en casa: vivenda de estancia temporal para familiares de persoas con diagnóstico oncohematolóxico ingresadas no CHUS, e o Servizo de Atención Psicosocial: servizo no que se presta atención psicolóxica e social a persoas con cancro hematolóxico e aos seus familiares.
 
Con este evento deportivo Asotrame pretende sensibilizar e difundir a importancia da doazón de medula ósea á vez que fomentar os hábitos saudables, apostar por unha vida sa e instaurar valores como a superación e o esforzo.  
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina