Mañá, xoves 10 de setembro, terá lugar a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación de Culleredo, coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións realizadas en data 25-06-2020 e 22-07-2020.
2.- Proposta relativa á modificación das Comisións Informativas.
3.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do PSdeG-PSOE relativa ao protocolo fronte ao coronavirus na volta ás aulas este vindeiro curso escolar.
4.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do PSdeG-PSOE relativa ao apoio ás AMPAS ante o inicio do curso escolar.
5.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político Popular relativa á solicitude da execución das obras de dragado da Ría do Burgo.
6.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político Popular relativa á solicitude de adhesión ao manifesto dos 31 concellos en contra da apropiación dos remanentes das EELL.
7.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político Popular relativa á solicitude de creación dunha Comisión especial de control, seguimento e vixilancia da contratación.
8.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político BNG relativa a rexeitamento ao Real Decreto-Lei 27/2020, do 4 de agosto.
9.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político BNG relativa ao rexeitamento ao protocolo COVID-19 para o ensino aprobado pola Xunta de Galicia.
10.- Dación de conta de escrito do grupo político do PSdeG-PSOE comunicando a integración no grupo municipal socialista de Culleredo de D. Abraham Seijas González, o nomeamento como voceira de D.a María Guadalupe Pombo Carril e como voceira suplente de D.a Marta María Figueroa Fuentes.
Poderedes seguilo na canle oficial de YouTube do Concello de Culleredo: https://cutt.ly/SfRCzsz
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER