Para acudir a ambas as dependencias, será necesario reservar mediante cita previa, nos teléfonos 981 66 55 97, no caso da González Garcés; e no 981 65 00 77 no caso da Cardeso Liñares. Á sala infantil soamente permitirase o acceso dun menor acompañado por un adulto, para elixir un libro ou material que desexe levar en préstamo. Non poderán permanecer na mesma. Redúcese a corentena dos materiais a 7 días, do mesmo xeito que se fai na Biblioteca Nacional de España.
Por tanto, estarán dispoñible os espazos de estudo, computadores e salas de lectura, como dixemos anteriormente, mediante o mecanismo de cita previa. Para manter a distancia de seguridade, redúcense a dous o número de computadores dispoñibles para o público. Será necesario, con todo, desinfectar os equipos despois do seu uso. O Concello de Culleredo poñerá a disposición das persoas usuarias material de desinfección e papel para o secado.
Desde o Concello, apuntan a que ‘queremos que os espazos bibliotecarios sigan a ser lugares amigables e seguros. É convinte que todas as persoas apliquemos a responsabilidade individual co obxectivo de manter a seguridade colectiva. Só hai que seguir unhas sinxelas recomendacións, como ou uso obrigatorio de máscara sanitaria para persoas maiores de 6 anos; empregar o xel hidroalcólico e respectar a distancia de seguridade’, argumentan.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER