Culleredo pon en marcha o plan de formación de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos

Dado que as veciñas e veciños de Culleredo seguen demostrando gran interese en participar nun novo proxecto formativo versado na materia de horticultura ecolóxica, leva a cabo esta nova iniciativa co obxectivo de continuar fomentando a participación cidadá nunha agricultura respectuosa co medio ambiente, creando así ao mesmo tempo unha alternativa cultural e de lecer que fomente a idea de desenvolvemento sostible.

No Botánico haberá 25 prazas dispoñibles, dúas delas reservadas a asociacións municipais, e en Vila Melania poñeranse ao dispor das usuarias e usuarios un total de 14.

Os requisitos para formar parte deste proxecto, para as persoas físicas, son: ser maior de idade e residir no Concello de Culleredo; inscribirse no sorteo de prazas; ter capacidade física suficiente para realizar as tarefas propias do proxecto formativo e presentar como máximo unha solicitude por cada unidade de convivencia familiar, entendendo como tal aquelas persoas que convivan no mesmo domicilio, sexa cal for a relación de parentesco existente entre as mesmas.

No caso das asociacións, é indispensable: estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Culleredo; designar á persoa representante da mesma e presentar un proxecto de interese social no que se describan as actividades que se van a realizar no horto.

O alumnado recibirá formación, cunha duración de 40 horas no Centro Municipal ‘Pablo Picasso’, na aula de Natureza e nos hortos urbanos do Botánico e Vila Melania. O período de inscrición vai desde o día 2 ao 30 de novembro, e as persoas interesadas deberán entregar a súa solicitude debidamente cuberta e presentala de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, ou ben de maneira presencial no Rexistro Xeral ou Auxiliar.

No caso de que a demanda de prazas exceda a oferta realizada, realizarase un sorteo público, do que se informará na páxina web do Concello. O resultado publicarase tanto na Pablo Picasso como na devandita web.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina