O Concello de Culleredo pospón o inicio das actividades culturais e deportivas. As restriccións determinadas pola Consellería de Sanidade ante a situación epidemiolóxica pola pandemia da COVID-19 afectan de forma notoria aos aforos e organización das actividades, facendo inviable a realización de moitas das modalidade.
Por todo isto, o Concello de Culleredo apraza o seu inicio, previsto para a semana que vén, ata que se dean as condicións favorables para o seu desenvolvemento, segundo indiquen as autoridades sanitarias.
De acordo tamén coas indicacións da orde publicada onte pola Consellería de Sanidade no Diario Oficial de Galicia, o Concello reaxustará o aforo da actuación marcada para mañá, venres 23, no auditorio de Servizos Múltiples. O evento reducirá o número de asistentes a 60, cifra fixada en dita orde, mantendo o estrito protocolo de seguridade e protección.
O Concello de Culleredo lamenta as molestias xeradas aos usuarios e usuarias das actividades, pero o cumprimento das restriccións pola situación sanitaria é imprescindible.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER