Pleno ordinario da corporación do Concello de Culleredo con data 29/10/2020

O Concello de Culleredo celebrará mañá a sesión ordinaria do Pleno municipal con data 29 de outubro de 2020, coa seguinte orde do día:

1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións realizadas en datas 30-07-2020, 10-09-2020 e 24-09-2020. 
 
2- Proposta relativa á aprobción festas locais en Culleredo ano 2021. 
 
3- Proposta sobre conformidade co proxecto "Dragado ambiental de los sedimentos de la ría de O Burgo (A Coruña)".
 
4- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, proposta do concelleiro delegado da Área de medio ambiente, obras e servizos relativa á aprobación do Plan para o clima e a enerxía sustentable (PACES) do Concello de Culleredo. 
 
5- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción institucional relativa ao Día internacional contra a violencia de xénero. 
 
6- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político Popular relativa á solicitude de creación dunha comisión de investigación para determinar se existiu prevaricación, así como responsabilidades políticas e xurídicas, polo afundimento da cuberta do parque infantil das Brañas. 
 
7- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político Popular instando ao Concello de culleredo a un plan de axuda e dinamización do comercio local. 
 
8- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político Alternativa dos Veciños de Culleredo relativa á solicitude da Deputación Provincial da Corulña da cesión gratuíta ao Concello de Culleredo, e en propiedade, dos terreos do "Monte Costa". 
 
9- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político BNG relativa á incoación de expediente de depuración de responsabilidades pola rotura da estrutura da cuberta do Parque das Brañas de Fonteculler. 
 
10- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político BNG relativa á incoación de expediente da modificación da Ordenanza Fiscal número 14. 
 
11- Dación de conta do oficio do Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental do Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico acusando recibo da certificación do acordo adoptado polo Pleno municipal na sesión do 25-06-2020 sobre a moción do grupo político BNG relativa á solicitude de suspensión do anteproxecto do Vial-18. 
 
12- Dación de conta do escrito do grupo político do PSdeG-PSOE comunicando os representantes de dito grupo no Consello Xeral de Participación Cidadá. 
 
13- Dación de conta informes de reparo de intervención. 
 
14- Dación de conta de incorporacións ao Rexistro municipal de subvencións correspondentes ao terceiro trimestre 2020. 
 
15- Dación de conta de resolucións de alcaldía e concellarías delegadas. 
 
16- Mocións urxentes. 
 
17- Rogos e preguntas. 
 
Poderás seguir a sesión na nosa canle oficial de YouTube: https://bit.ly/37Sd7hh

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina