Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dende a Área de Igualdade da Deputación da Coruña ponse en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente a implicación dos Concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc.
Deste xeito, o Concello de Culleredo adheriuse a esta campaña onde se traballará pola “creación dunha rede de Concellos pola igualdade e contra as violencias machistas na provincia da Coruña”. É dende este marco dende o que se pon en marcha este proxecto de ámbito provincial con vocación de continuidade, co principal obxectivo de fomentar unha rede de colaboración estable entre administracións locais sensibles e activamente comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación e co conxunta da sociedade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER