O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, impulsa a campaña 'Dálle like á igualdade' de cara ao vindeiro 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para concienciar á sociedade da importancia de derrocar as actitudes e comportamentos machistas arraigados no noso modelo social.
Na mesma, preténdese implicar a todos os axentes sociais, así como ao colectivo de xente nova, residente no municipio. Tamén se conta coa colaboración da compañía de teatro El Ruiseñor, xa que a través do TikTik de Xuventude (@xuventudeculleredo) poderedes ver alguna das esceas que gravaron, con escenas da vida cotiá nas que se poden identificar comportamentos machistas.
Por outra banda, a través desta ligazón (https://we.tl/t-tLIdVxlNWw) podes descargar o paquete de 'stickers' para difundir entre a túa xente, a campaña. Precisarás dunha aplicación que permita a realización destas pegatinas dixitais.
Á súa vez, convidámosvos a participar na nosa coreografía, da que teredes novas proximamente, para que a compartades nas vosas redes, mencionandonos a través de @xuventudeculleredo e do cancelo #DálleLikeÁIgualdade.
Anímate!
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER