O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 26 de novembro, un pleno ordinario coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións realizadas en datas 29.10.2020 e 05.11.2020
2.- Proposta relativa a aprobación da Conta Xeral 2019.
3.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político popular relativa a solicitude dun plan de accesibilidade aos pabellóns.
4.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político BNG relativa a solicitude dun transporte público seguro.
5.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político BNG relativa a depuración de responsabilidades pola xestión das instalacións deportivas do Monte Costa coñecidas como A Garrocha.
6.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político BNG relativa a acusación particular no Xulgado en relación con denuncia interposta pola Fiscalía.
7.- Dación de conta informes de reparo de Intervención.
8.- Dación de conta de resolucións da alcaldía e concellerías delegadas
9.- Mocións urxentes.
10.- Rogos e preguntas.
Poderase seguir en directo pola canle de YouTube do Concello de Culleredo.