O Concello de Culleredo celebrará o martes 29 de decembro, ás 10.00 horas, un pleno extraordinario coa seguinte orde do día:
2.- Proposta sobre aprobación do “Manifiesto por una red transeuropea de transportes eficiente, sostenible y equilibrada en la Península Ibérica”.
3.- Proposta sobre determinación contía en concepto de produtividade e aprobación dun sistema de distribución dun complemento de produtividade 2020 ligado á COVID 19.
4.- Proposta sobre aprobación do contido do convenio entre a Xunta e a FEGAMP para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o COVID 19 e adhesión ao dito convenio.
5.- Proposta sobre adhesión ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concellos Doing Business Galicia”
6.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG relativa a investigación de anomalías do servixo de GESTAGUA.
7.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG relativa a solicitude de convocatoria da Comisión Mixta do Aeroporto de Albedro.
8.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político popular relativa a adopción de medidas económicas e sociais en defensa dos autónomos e das pemes afectados polas restricións impostas pola crise sanitaria derivada do Covid-19
A sesión poderá seguirse en directo pola canle de YouTube do Concello de Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER