Desde marzo de 2020, como consecuencia da situación producida pola pandemia orixinada polo COVID-19, a renovación da demanda de emprego veuse realizando de xeito automático, non obstante, a partir do próximo 1 de xaneiro de 2021 será preciso volver a renovar nas datas indicadas no teu documento informativo de renovación de demanda.
Para facilitar o cumprimento deste trámite, e para que non teñas que achegarte a túa oficina de emprego, Emprego Galicia pon en marcha unha nova canle: a renovación da demanda de emprego tamén mediante un número persoal de identificación (habitualmente coñecido como PIN).
Con esta vía adicional para a renovación da demanda, Emprego Galicia busca facilitar aínda máis a súa realización, engadíndose así á renovación a través da Oficina virtual do portal de emprego, a través da aplicación Mobem (para dispositivos móbiles) e a través dos puntos de información que se atopan espallados pola maioría dos concellos de Galicia. No caso do Concello de Culleredo o punto de información está situado no Centro Municipal Pablo Picasso, rúa Antonio Machado, s.n. O Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER