O Concello de Culleredo, mediante a área de Dinamización Local, fixo entrega esta mañá dos premios do I Concurso de Escaparatismo organizado pola Administración local. DecoKasa, con 356 votos, fíxose co primeiro galardón. Este ano articulouse mediante a páxina web
www.omellorescaparatedeculleredo.gal, onde pode verse a galería de imaxes con todos os participantes.
Diego Requejo Estilistas, con 324 votos, ocupa o segundo lugar, mentres que Farmacia Roig, con 287 votos, o terceiro. O concelleiro de Comercio, Mario Iglesias, a concelleira de Cultura, Penélope López, e a técnico do Concello, Ana Outeruelo, fixeron entrega dos galardóns esta mesma mañá. Todos, ao unísono, coinciden no “gran nivel mostrado este ano”, cuxo contexto estivo marcado pola pandemia e recalcan a importancia de iluminar “a vida do comercio de Culleredo cunhas obras de tal calado”, insisten.
Premios
O primeiro premio será a montaxe de tres escaparates durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. O segundo premio consistirá na montaxe de dous escaparates durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. O terceiro premio, será a montaxe de un escaparate durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. Cada decoración está valorada en 300 euros.