O Concello de Culleredo realizará o próximo 23 de febreiro de 2021 un sorteo para distribuír as prazas dos hortos urbanos, xa que se rexistraron 105 solicitudes, un número moi superior ás ofertadas. En total, disponse de 39, a repartir entre o Xardín Botánico (24) e Vila Melania (14).
Será ás 10:00 horas, e para asistir como público é necesario enviar un correo electrónico a formación.emprego@culleredo.es. A lista definitiva de persoas admitidas publicouse na páxina web da Administración local. En principio, dous destes espazos do Xardín Botánico reservábanse para asociacións, e tan só rexistrouse unha solicitude, da ONG Mestura. Por tanto, decidiuse incluír o restante na listaxe xeral.
Dado que as veciñas e veciños de Culleredo seguen demostrando gran interese en participar nun novo proxecto formativo versado na materia de horticultura ecolóxica, leva a cabo esta nova iniciativa co obxectivo de continuar fomentando a participación cidadá nunha agricultura respectuosa co medio ambiente, creando así ao mesmo tempo unha alternativa cultural e de lecer que fomente a idea de desenvolvemento sostible.
O alumnado recibirá formación, cunha duración de 40 horas no Centro Municipal ‘Pablo Picasso’, na aula de Natureza e nos hortos urbanos do Botánico e Vila Melania.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
plistaxe_oburgo._sorteo_-.pdf | 183 KB | |
plistaxe_vilaboa._sorteo_-1.pdf | 166.06 KB | |
plistaxe_definitiva_asociacions.pdf | 119.53 KB | |
plistaxe_definitiva_oburgo.vilaboa_.pdf | 251.42 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER