A Policía Local de Culleredo realiza novos controis acordes á actualización das normas sanitarias

Esta madrugada entraron en vigor as novas restricións decretadas pola Xunta de Galicia, ante a expansión da covid-19 en toda a comunidade. Logo de facerse efectivas estas, a centralita de información da Policía Local de #Culleredo recibiu 127 chamadas durante a mañá, para solicitar información en relación á actualización do contexto sociosanitario.

Os axentes vixiaron o correcto cumprimento da nova normativa, como a obligatoriedade do uso da mascarilla á hora de facer deporte, así como que esta práctica se realizase de xeito individual ou con persoas conviventes. Do mesmo xeito, advertiron tamén da mesma situación ás persoas que camiñaban.

Controlaron tamén os accesos ao municipio na ponte do Burgo, e interceptaron algún autobús para velar polo correcto cumprimento dos desprazamentos. Cabe lembrar que o Concello de Culleredo atópase pechado perimetralmente, do que tan só se pode saír e entrar baixo causa debidamente xustificada.

Por último, corroboraron, na contorna do Paseo Marítimo, que os locais de hostalaría e restauración cesaran a súa actividade, limitándose a exercer os servizos de recollida e para levar.

Xa pola tarde, os axentes municipais e a Garda Civil, conxuntamente, realizaron un novo control de mobilidade en Fonteculler. 

Os controis continuarán nos vindeiros días para contribuír e concienciar de que o único camiño para conseguir frear a expansión do #coronavirus é cumplir as normas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina