O alcalde de Culleredo propón ás autoridades sanitarias o estudo da realización dun cribado no municipio

O alcalde do Concello de Culleredo, José Ramón Rioboo, propúxolles ás autoridades sanitarias estudar a realización dun cribado no municipio ante o constante crecemento da curva epidemiolóxica.

“Trasladamos esta posibilidade para que sexa analizada nos termos que sanitariamente se consideren para poder frear a expansión do virus”, subliña.

Da mesma maneira que o Concello apoiou a realización de cribados en municipios con datos que así o determinen, trasládase agora a posibilidade de que sexa en Culleredo, e dado o incremento diario do número de casos, que xa se sitúa en 306 activos a data de 29 de xaneiro.

Á súa vez, a Policía Local continúa a diario cos dispositivos de control das principais medidas de restrición determinadas por  Sanidade como fórmulas para frear os contagios. A implicación da cidadanía é fundamental nun momento como este, e faise un chamamento á responsabilidade de todas e todos para cumprir de maneira escrupulosa con estas medidas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina