Rosario Sarmiento acude ao IES Blanco Amor para reivindicar o papel dos artistas galegos na denuncia dos conflitos armados

A historiadora da arte Rosario Sarmiento acudiu onte ao IES Blanco Amor do Concello de Culleredo para reivindicar o papel dos artistas galegos na denuncia dos conflitos armados, achegando ao alumnado un relato da guerra na arte contemporánea de Galicia e baixo o título ‘Da guerra coma arte á arte en contra da guerra’.

Esta actividade forma parte dun ciclo coordinado pola propia Sarmiento, organizado pola firma cultural A Forxa e apoiado pola Deputación Provincial da Coruña, e que botaba a andar o ano pasado.

“A guerra, os seus protagonistas, os seus escenarios e as súas consecuencias teñen sido na arte contemporánea un tema sobre o que moitos creadores traballaron, denunciando moitas veces os abusos, as atrocidades e a dor que sempre deixa tras de si calquera conflito armado”, explicou Rosario Sarmiento.

En Galicia, Ramón Parada Justel, un dos compoñentes da chamada Xeración Doente será pioneiro nesta denuncia en 1899, co cadro 'A familia do anarquista o día da execución', sendo un dos primeiros creadores contemporáneos que se achega á temática da violencia da guerra.

“O golpe de estado de 1936, coa represión, o terror e a tremenda experiencia da Guerra Civil serán claves para o posicionamento e a denuncia de moitos dos artistas que contribuirán á modernidade da creación plástica nas primeiras décadas do século XX en Galicia”, remarcou Sarmiento.

Nomes como Luis Seoane, Castelao, Colmeiro, Arturo Souto e Federico Ribas denunciarán aos responsables do golpe e a dramática situación da poboación civil. Tamén Isaac Díaz Pardo, Conde Corbal, Agustín Pérez Bellas, Mercedes Ruibal, Xaime Quessada, Francisco Leiro, Jorge Castillo, Reimundo Patiño, Xavier Correa, Antón Patiño o Caxigueiro expresarán o seu compromiso e deixarán en moitas obras a súa mirada fronte á realidade da guerra.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina