Respectando en todo momento as estritas medidas de seguridade fronte á COVID19 e seguindo as últimas indicacións da Xunta de Galicia e o seu comité clínico, o próximo venres, 26 de febreiro, ás 19:30 horas, o espazo de Servizos Múltiples do Concello de Culleredo acollerá "Crónica dunha heterosexual insatisfeita", unha creación de María Ángeles Iglesias.
A actividade diríxese a un público adulto e a súa entrada será gratuíta.
O aforo estará limitado por mor das medidas sanitarias e poder manter, así, a seguridade de todos e todas.
Reserva de asentos a mesma semana da actuación no teléfono 981 665 597.