Cribado de saliva no Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo informa que hoxe, mércores  24 de marzo, comezou un novo cribado entre a cidadanía do municipio para detectar casos positivos por coronavirus.

Desenvólvese esta vez a través das farmacias adheridas á iniciativa e mediante PCR de mostras de saliva.

Vai dirixido á veciñanza de 30 a 64 anos de idade co centro de saúde localizado no municipio. En principio realizarase durante as vindeiras 3 semanas.

As persoas que desexen efectuar a PCR, de xeito gratuíto, poden acudir a algunha das farmacias a coller os botes onde depositar a saliva.

O funcionamento é o seguinte: a persoa participante, na súa casa, recolle 1 ml de saliva ao levantarse en xaxún sen tomar auga e sen lavarse os dentes. É importante que sexa saliva e non conteña mucosidade. Unha vez recollida a mostra, deberá entregar o tubo de saliva na oficina de farmacia que o recolleu. Sanidade notificará o resultado mediante SMS.

Quedan excluídas de participar as persoas que cumpran algunha das seguintes restricións:

  • Teñen un resultado POSITIVO por covid-19 nos derradeiros 3 meses.
  • Actualmente son contactos de seguimento covid-19.
  • Teñen feito unha PCR nos últimos 15 días.
  • Presentan síntomas compatibles coa infección.

Consulta na túa farmacia habitual se forma parte desta iniciativa. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina