O Concello de Culleredo concluiu as obras de reparación do depósito de auga da Corveira.
Cos traballos efectuouse o cambio da bomba por outra de maior capacidade, renovouse parte da instalación eléctrica, substituise a canalización, limpouse o interior e exterior do depósito e eliminouse o actual revestimento de cemento para aplicar un sistema de impermeabilización.
Ademais, eliminouse a capa vexetal e de terra da cuberta, pintáronse os muros e a cámara de chaves, instaláronse baixantes de aluminio para a recollida de augas e substituiuse o peche da parecela na que se atopa o depósito.