O Concello de Culleredo informa de que este sábado, 10 de abril, producirase un corte de tráfico no Burgo, na avenida da Coruña, debido á realización de obras de canalización de gas. Terán lugar á altura da igrexa do Burgo.
A circulación en dirección saída, cara o Temple, manterase pola avenida, de forma regulada. En sentido contrario, de entrada cara ao Burgo, permanecerá cortada, excepto para o transporte metropolitano, derivándose o tráfico pola avenida Xoán Carlos I e a contorna de La Cross.
Está previsto que os traballos comecen ás 8.30 horas, prolongándose o desvío do tráfico ata a súa conclusión.