Dende O Servizo de Dinamización , Formación e Emprego da Concellería de desenvolvemento local, cultura, festas e turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 débese posuir unha formación básica necesaria e para isto é preciso acreditar que se posúen certas titulacións, certificacións ou acreditacións. Cando o/a aspirante non posúe os requisitos académicos necesarios, que é a situación na que se atopan unha grande cantidade de veciños/as de Culleredo en situación de desemprego e demandantes de formación e emprego,existe outra vía de acceso que consiste na superación das probas de competencias clave que organiza a administración.
Estas accións formativas realizadas en anos anteriores, cunha grande acollida por parte dos veciños/as de Culleredo, permitiron que a maioría dos/as participantes superasen as probas e desta forma poidesen acceder aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade de nivel 2.
Nº DE CURSOS: 2
REQUISITOS DE ACCESO:
- Empadroados/as en Culleredo.
- Maiores de 16 anos ou que os fagan en 31 de decembro do ano natural en que se celebran as probas.
- Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º B.U.P., F.P I ou equivalente, nin ter superadas as competencias clave de nivel 2 de lingua galega, lingua española e matemáticas.
- Ter presentada a solicitude para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cetificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación, que convocou a Xunta de Galicia para este ano 2021 ( Procedemento TR306A).
DURACIÓN DE CADA CURSO: 40 horas.
PRAZAS OFERTADAS:
Cada curso conta con 15 prazas. O curso que non cubra como mínimo o 75% das prazas poderá ser cancelado.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: Por orde de preinscrición, tendo en conta os requisitos de acceso sinalados anteriormente.
A PREINSCRICIÓN será do 19 ao 23 de abril de 2021, a través do formulario web, que atoparás na páxina web do Concello de Culleredo (
www.culleredo.es).
AS LISTAS provisionais e as definitivas de admitidos/as, poderán consultarse na páxina web do Concello de Culleredo ou chamando ao Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso".
O número de prazas, calendario e horario poderán sufrir modificacións en virtude da evolución dos protocolos establecidos pola COVID-19.
MÁIS INFORMACIÓN:
Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo.
R/ Antonio Machado, s/n. O Burgo – Culleredo.
Tfno.: 981664204