O Concello de Culleredo anuncia a resolución definitiva das axudas PEL REACTIVA destinadas a autónomos e microempresas co fin de paliar as consecuencias económicas da pandemia no ano 2020.
Os/as beneficiarios/as teñen como sinalan as bases, entre outras obrigas, a de dar publicidade nos termos establecidos na resolución de concesión, ao carácter público do financiamento da actividade realizada, figurando expresamente nun lugar visible do centro de traballo, logotipo do Concello, da Deputación e mención expresa ao Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.
O mesmo tipo de publicidade realizarase nun lugar preferente da páxina web da empresa, de existir esta. (Facilítase modelo de cartel).
Comezarase agora o proceso de valoración da documentación xustificativa achegada polos solicitantes.
Para calqueira dúbida ou aclaración: Centro de Formación Municipal Pablo Picasso 981 66 42 04 ou no enderezo electrónico promocioneconomica@culleredo.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
anuncio_de_resolucion_definitiva_de_axudas_pel_reactiva_concello_de_culleredo.pdf | 1.21 MB | |
cartel_pel_reactiva_concello_culleredo.pdf | 275.07 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER