Pleno Municipal extraordinario do Concello de Culleredo para o mércores 5 de maio

Mañá, mércores 5 de maio, ás 10:00 horas, o Concello de Culleredo celebrará un pleno extraordinario coa seguinte orde do día.
 
1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións de datas 03.03.2021 e 24.03.2021.
 
2.- Proposta sobre aprobación inicial do Regulamento polo que se regula a prestación de servizos en réxime de teletraballo-presencial.
 
3.- Proposta sobre aprobación do contido do convenio de colaboración con Augas de Galicia para a osta a disposición dos terreos necesarios para a execución da continuación do itinerario peonil e ciclista que parte da rúa Río Mero e que se conectará co paseo da Ría do Burgo.
 
4.- Proposta sobre resolución do recurso de reposición presentado por Miguel Paz Vila contra acordo do pleno de data 18/01/2021 polo que se lle denegou a compatibilidade solicitada para un segundo posto de traballo na administración pública.
 
5.- Proposta sobre modificación da RPT.
 
6.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, proposta de ratificación da resolución da Alcaldía de data 29.04.2021 relativa a aprobación de proxectos corrixidos das obras "Melloras na estrada de Folgueira a Vinxeira" e "Proxecto de rehabilitación e acondicionamento do polideportivo municipal de Tarrío" incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal POS+2021 da Deputación provincial da Coruña.
 
7.- Previa ratificación da súa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG relativa a impulsar o Centro Loxístico de Transportes de Culleredo.
 
8.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG relativa a incoar expediente de revisión de oficio da licenza expedida para construción dunha estación de servizo nunha parcela situada na parroquia de Ledoño.
 
9.- Dación de conta plan anual de control financeiro do Concello de Culleredo, exercicio 2020.
 
10.- Dación de conta de informe anual no marco do plan anual de control financeiro do Concello de Culleredo, exercicio 2020.
 
11.- Dación de conta da resolución da Alcaldía acordando solicitar a adhesión ao Convenio entre a Xunta e a Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do Programa Galego de Vixiancia e Control fronte á Vespa Asiática (Vespa Velutina).
 
12.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía e concellerías delegadas.
 
13.- Dación de conta de informes de reparo de Intervención.
 
14.- Dación de conta de cesión de terreos para viarios públicos.
 
15.- Dación de conta de resolucións ordeando a incorporación ao rexistro municipal de subvencións correspondentes ao primeiro trimestre de 2021.
 
16.- Rogos e preguntas.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina