O Concello de Culleredo informou esta mañá de incidencias na subministración eléctrica debido a unha avaría de alta tensión que Fenosa xa está tratando de localizar.
As zonas afectadas comprenden Tarrío, Liñares, Fontemaior, Matosiña e A Garrocha. Ademais, a urbanización de Fontemaior e toda a zona de Orro están sen agua ao abastecerse desde grupos de presión.
Agora mesmo xa se deu luz a estes lugares e Gestagua está comprobando a subministración, xa que podería haber turbidez na auga.