O Concello de Culleredo, finalizado o estado de alarma, volverá celebrar os plenos da corporación con público, seguindo a normativa e restriccións que marca a Consellería de Sanidade, e coas pertienentes medidas de seguridade.
O aforo permitido no salón de plenos é dun 50%, incluíndo aos concelleiros e concelleiras e o persoal traballador.
O pleno ordinario deste mes de maio será este xoves 27 de maio ás 13.30 horas. As persoas interesadas en asistir á sesión deben enviar un correo electrónico a info@culleredo.es indicando nome, apelidos e número de teléfono.
As prazas outorgaranse por orde de solicitude, confirmándoo ao propio correo electrónico. A hora límite para pedir praza será ás 23.00 horas do mércores 26.
Ademais, para facilitar o acceso ao pleno, a sesión seguirase emitindo en directo pola canle de YouTube do Concello de Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER