Culleredo acollerá en primeira liña da Ría do Burgo o 'Morriña Fest' do 19 ao 29 de agosto

Culleredo acollerá do 19 ao 29 de agosto o ‘Morriña  Fest’ en primeira liña da Ría do Burgo, evento que se encargaron de presentar esta mañá no Xardín Botánico o alcalde, José Ramón Rioboo; o co-promotor do evento, Juan Rodríguez Rivera e David Méndez, subdirector da promotora musical  Bring  the  Noise.

Aínda quedan varias incógnitas por resolver nunha cita á que acudirán Love of  Lesbian,  Nathy  Peluso, Amaral, Morat, la M.O.D.A, Lola Índigo, Chica Sobresalto e True Mountains, ademais dos artistas que quedan por confirmar.

O alcalde, José Ramón Rioboo, sinalou que “temos a intención de que sexa unha cita que se asente na nosa localidade, como xa fixeron outras en diferentes municipios, e que esta sexa a primeira de moitas edicións”, apuntaba, quen tamén quixo destacar “a contorna idílica como o é a beira da Ría  do Burgo”, un enclave, cremos, “ideal para celebrar un evento desta magnitude”, incidía o edil.

Ademais, coa nova dragaxe que se acometerá proximamente na Ría do Burgo, poderanse gañar ata 60.000 metros cadrados nesta contorna, o que facilitará en gran medida “acoller eventos multitudinarios, que agora polo contexto sanitario parecen impensables pero dos que seguro volveremos gozar nos próximos anos”, sinalou Rioboo.

As entradas estarán á venda o vindeiro xoves 17 de xuño ás 13:00 horas da mañá en www.morrinafestival.com e seguindo a normativa vixente, en todos os concertos o público poderá estar de pé gozando dos seus artistas favoritos. Para iso, se  sectorizará o recinto en grupos máis pequenos independentes entre si para aumentar a seguridade e as medidas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina