O Concello clausura a primeira actividade grupal logo das restricións dirixida a mulleres desempregadas: 'Dixitalizadas'

O  Concello de Culleredo clausurou a primeira actividade grupal coordinada desde a liña comunitaria de Igualdade tras as restricións, dirixada a mulleres desempregadas e baixo a denominación de  'Dixitalizadas', coa cal se busca, nun primeiro termo, reducir a fenda dixital de xénero para alcanzar a igualdade laboral entre homes e mulleres. 
 
Esta acción está promovida pola ONG Fundación Mujeres e desenvolveuse na sala Pintora María  Cagiao de Vilaboa, con aulas impartidas por expertas da entidade en tres módulos: Habilidades dixitais básicas para o emprego; habilidades dixitais básicas para o emprendemento e habilidades dixitais básicas a través do móbil. 
 
Debido ao interese suscitado e ao éxito de convocatoria por parte das doce participantes, está previsto continuar a formación en próximas edicións. 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina