O Alcalde e o Concelleiro de Promoción Económica mantiveron unha reunión co Delegado de Industria.

O alcalde, Julio Sacristán, e o Concelleiro de Promoción Económica, Isidro Taibo, mantiveron unha reunión co delegado de Industria para abordar diversas cuestións de competencia da Consellería, co fin de buscar a colaboración de ámbalas duas administracións. Así, abordouse en primeiro lugar a posibilidade de estableceren un convenio para a eliminación das columnas de FENOSA que invaden diversas beirarrúas en Fonteculler, As Brañas, Almeiras e O Burgo, dando preferencia á zona de As Brañas e Fonteculler, co fin de poder soterrar as líneas e poder pavimentar e sinalizar as rúas, unha vez que as obras de pluviais e saneamento están prácticamente concluidas.

Na reunión abordaronse diversas melloras de servizos no Parque Empresarial de Alvedro e a Marisqueira, referente a accesos, iluminación, saneamento, sinalización etc. Igualmente se lle fixo entrega do Proxecto de mellora do parque ferial da Ría do Burgo, co fin de adecualo para a instalación de feiras, mercados etc.

O delegado provincial mostrouse moi receptivo ás peticións formuladas, que unha vez avaliadas procederase á firma dos diferentes convenios que materialicen para o 2008 as peticións formuladas. Na reunión analizáronse a situación das diferentes obras que se están a levar a cabo nas parroquias rurais de mellora de suministro eléctrico, sendo a análise positiva, xa que están ou rematadas ou en vías de execución en Veiga, rematadas en Ledoño, e en programación unha nova línea por Celas. De cara a 2008 preténdense acometer melloras en Alvedro e en Castelo - Donepedre.

O equipo de goberno considerou a reunión moi positiva e con grandes expectativas de conquerir a execución das propostas plantexadas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina